La tarcoteca

by Pablo Heraklio, PHkl/tctca. Contact at Tarcoteca@riseup.net

sábado, 30 de marzo de 2013

Poesía: Golfo pérsico


Carreteiras secundarias
que cruzan o deserto,
atrás, os pozos petrolíferos que destrozan o Golfo Pérsico, coas súas marismas, 
o fume das torres,
o lume que xorde da terra,
a arcilla pegada aos pés
dime que estou moi lonxe,
non pertenzo a iste mundo,
e iso nótase ben,
non entendo que iso que está
diante dos meus ollos
é a razón de tantas guerras,
de tantos intereses económicos,
a zona fica tranquila
pero non será para sempre,
Rusia, Europa e EEUU
ameazan con sancións
a un Estado Islámico
que quedou obsoleto
dende o intre que naceu,
iles sábeno pero escúdanse
na lei do medo,
rodéanse de milleiros de militares
e dun Deus vingativo
que a istas alturas sei con seguridade
que non existe,
é un xeito máis de ter baixo control
á poboación,
de controlalo seu pensamento,
en occidente usan os medios de comunicación, son dúas formas de facelas cousas,
e a paz semella moi feble,
sei que toda ista tensión calma
rematará por quebrar,
e a loita pola liberdade
fundirase cos intereses estranxeiros,
racharán coa paz e a tranquilidade,
a vida entre petróleo e palmeiras
convertirase nun inferno,
un inferno no que perecerá
un obsoleto goberno cun Deus
que sei con seguridade que non existe.

Fdo: Oscar Seoane

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Tu opinión es importante